Lyrics to A Sodomita
A Sodomita Video:
A golpe de entoar cantos de sorte
facemos resoar e cos faltos de savia pra avivar
e a forza de enxalzar tanto desnorte
abrimos paso a espantos e a quebrantos
e a mil contos por contar.
Gurús que perpetúan mitos de noites
que son de pedra, avanzan como a hedra
e que só medran porque as deixamos medrar.

E o medo espera moi paciente
e non sucumbe ao desalento
e hai unha sombra en cada esquina
preparada prao medento
Amparo a todos os paxaros
que alí queiran aniñar.

A falta de campás tocando a morte
mantemos estadistas con coristas
que nos guían pra bailar
un son de aburrimento e de remolques
que cargan ca indolencia e a indecencia
i encantados de acatar
seguimos a aportar sombras de onte
que son de pedra, avanzan como a hedra
e que só medran porque as deixamos medrar.

E o medo espera moi paciente
desde o altar
e non sucumbe ao desalento
desde o altar
e hai unha sombra en cada esquina
preparada prao medento
Amparo a todos os paxaros
que alí queiran aniñar.
Que o medo non coñece a présa
desde o altar
e asexa cómodo e sorrinte
desde o altar
ca seguranza do que avanza fachendoso
e con alardes nun sendeiro de covardes
que o veneran ao pasar.

...? estadeas, toman o monte
ruxindo sen mesura na procura
dunha vida pra habitar
que as poida liberar e que desmonte
a farsa dos censores e os temores
e debemos aspirar a ser un forte mar
rompendo as pontes
que son de pedra, avanzan como a hedra
e que só medran porque as deixamos medrar.

E o medo espera moi paciente
desde o altar
e non sucumbe ao desalento
desde o altar
e hai unha sombra en cada esquina
preparada prao medento
Amparo a todos os paxaros
que alí queiran aniñar.
Que o medo non coñece a présa
desde o altar
e asexa cómodo e sorrinte
desde o altar
ca seguranza do que avanza fachendoso
e con alardes nun sendeiro de covardes
que o beneran ao pasar.
Songwriters:
Publisher:
Powered by LyricFind