Lyrics to Xiana
Xiana, non sufras máis
Non hai polo que pague a pena chorar

Toda unha vida escorrendo
Nas túas bágoas
Pareceste tanto a min

Ti só queres comprender
Tanta tristura e tanta dor
Xiana ti es boa
Pero olla o mundo ó teu redor
Parécese acaso a ti?

Xiana
As flores do teu xardín
No chegarán
Non poderás sobrevivir

Tes que ter espiñas para te protexer
Tes que loitar
Entre un soño de pedra e outro de cristal

Es como un cervo bailando entre os lobos
Unha dama cuberta dе po

Xiana ti es forte
Pero olla o mundo ó tеu redor
Parécese acaso a ti?

Ti só queres comprender
Tanta tristura e tanta dor
Es como un cervo bailando entre os lobos
Unha dama cuberta de po

Xiana ti es forte
Pero olla o mundo ó teu redor

Parécese acaso a ti?

Olla o mundo ó teu redor…